fbpx
Espectaculares murallas de Penas do Castelo, en Pobra do Broll贸n / remitida

Saen 谩 luz os primeiros segredos de Penas do Castelo: enormes murallas de seis metros de ancho e complexos foxos

Tempo de lectura: 2 min.

Os traballos arqueol贸xicos nas Penas do Castelo xa est谩n dando resultados. As obras de posta en valor deste ben, que comezaron o pasado 23 de agosto na parroquia de Salcedo, A Pobra do Broll贸n, descubriron xa unha enorme muralla de seis metros de ancho. A muralla est谩 acompa帽ada ademais dun sistema de foxos escavados na rocha de enorme tama帽o e espectacularidade, reforzado este efecto pola situaci贸n acrob谩tica do xacemento, pendurado sobre o r铆o Lor.

Os arque贸logos quer铆an dar coas d煤as caras da muralla para poder ter unha secci贸n da mesma e poder comprender o seu sistema construtivo, ademais de deixar un recurso moi visual para as visitas. As estimaci贸ns dos t茅cnicos eran duns tres metros de ancho de muralla cando planearon a sondaxe, mais ao pouco de comezar a escavar decat谩ronse que deb铆an ampliar a sondaxe: a cara externa estaba moi clara mais a cara interna non aparec铆a. Tras a retirada do derrube, por fin deron coa cara interna resultando nunha muralla de seis metros de ancho.

A cara externa xa foi escavada anteriormente, comprobando que a muralla apousentase directamente sobre a pena, cunha altura de case catro metros de altura conservados, que ser铆an m谩is no seu momento de uso. Ademais, conserva un z贸calo na propia base para axudar a adaptarse 谩 pena sobre a que est谩.

Resistir a pendente

A muralla est谩 constru铆da en seco, sen ning煤n tipo de argamasa entre as pedras e cun sistema construtivo moi orixinal. No seu interior os expertos puideron ver como a muralla est谩 constru铆da en base a unha especie de m贸dulos que reforza a estrutura. Os seus construtores foron dispo帽endo, pois, unha serie de reforzos transversais no interior da propia muralla que axudan a resistir a enorme pendente sobre a que foi feita.

Murallas de Penas do Castelo, en Pobra do Broll贸n / remitida

A muralla 茅 realmente monumental,鈥 apunta Benito Vilas, membro de 脕rbore Arqueolox铆a e director da intervenci贸n. 鈥楢demais, o sistema construtivo neste terreo tan escarpado foi efectivo, para probalo non hai m谩is que ver o seu estado de conservaci贸n鈥.

‘Arqueolox铆a de aldea’

A campa帽a, financiada pola Xunta de Galicia, enc谩drase nun proxecto de 鈥榓rqueolox铆a de aldea鈥, complementado con outras actividades culturais, a recollida da tradici贸n oral da zona ou visitas guiadas que tiveron lugar durante todo o ver谩n.

A 茅poca do xacemento de Penas do Castelo 茅 a铆nda incerta. O rango de dataci贸n vai dende a Idade do Ferro ata a alta Idade Media. Precisamente establecer unha dataci贸n do xacemento 茅 un dos principais obxectivos da campa帽a arqueol贸xica, mediante toma de mostras que ser谩n analizadas coa t茅cnica do Carbono 14. Outro dos obxectivos 茅 centrarse no estudo da muralla, que xa antes de escavar resultaba monumental e nun estado de conservaci贸n excepcional. As novidades do proxecto de Penas do Castelo p贸dense seguir nos seus perf铆s de Facebook (@penasdocastelo) e Instagram (@penas_do_castelo).

Pode que che interese...