fbpx
Petróglifo de Chousa Vella - Monduriz 2. Foto: Grupo Arqueolóxico da Terra de Trasancos / Anuario Brigantino

Atopada a representación de animais en petróglifos máis ao norte de Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

O novo número do Anuario Brigantino, correspondente a 2020, tamén dá conta dunha nova entrega do Grupo Arqueolóxico Terra de Trasancos, que vén publicando anualmente o inventario de gravados rupestres inéditos do concello de Vilarmaior (A Coruña). Tal e como recolle Cultura Galega, desta volta, os achados son especialmente relevantes. 47 novas estacións de arte rupestre que xa forman parte dun listado de 165 petróglifos.

Entre elas, o xacemento de Chousa Vella – Monduriz 2, onde o grupo localizou un conxunto de combinacións circolares ás que se engade un animal -cérvido ou cabalo-, pero tamén un conxunto de representacións de armas: “unha alabarda e posiblemente unha espada ou puñal, ademais dun posible escutiforme ou máscara”. Trátase dun tipo de representación moi escasa en Galicia. Segundo o grupo, supón a representación de animais máis ao norte de Galicia. Máis información no Anuario Brigantino.

 

Pode que che interese...