fbpx
Virgilio García, autor da canle de Detección Metálica en Youtube e especializado en detección de metais / redes sociais Virgilio García

Existe negocio nas escavacións arqueolóxicas???… Un youtubeiro pon en dúbidas o descubrimento de Lucus Asturum

Tempo de lectura: < 1 min.

Virgilio García é un mozo asturiano que arrasa en Youtube. Ten unha canle que conta con máis de 2,3 millóns de subscritores na que, baixo o nome de Detección Metálica dá conta da súa actividade como “pitero”, ou detector de metais.

Hai uns días, Virgilio García publicaba un novo vídeo no que denunciaba os “negocios” que hai detrás de certas escavacións arqueolóxicas. En concreto, unha sufragada polo Concejo de Llanera, en Asturias, para atopar a mítica cidade romana de Lucus Asturum e que leva a cabo a empresa Dolabra Arqueología.

O youtubeiro di que “se infiltrou” nesta escavación para demostrar que tal cidade romana non existe e que no lugar no que a arqueóloga Esperanza Martín sitúa esta urbe non hai nada máis alá de vestixios menores que poderían tratarse dunha vila desa época. Todo isto, está relatado nun vídeo da súa canle que está dando moito que falar e na que se acusa a algúns profesionais da arqueoloxía de “mala praxe”, aínda que o propio autor aclara “que nin moito menos a maioría dos profesionais fan este tipo de prácticas”.

Virgilo García tamén promoveu unha petición en change.org para coñecer, con exactitude, todas as subvencións, outorgadas polo concejo de Llanera, á empresa privada Dolabra Arqueoloxía desde que comezou a financiar as prospeccións realizadas por Esperanza Martín no denominado “Lucus Asturum“.  “Tamén queremos coñecer en que condicións se lle está entregando a ese diñeiro á empresa Dolabra. Xa que vemos insólito que o operador desta escavación sexa privado e non público, toda vez, ademais, que a adxudicataria será de antemán e en exclusividade Dolabra sen mediar ningún tipo de licitación”, indica a petición.