fbpx
Escavación realizada polo Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüedad e Territorio da Universidade de Vigo na illa de Ons, Bueu (Pontevedra) / XUNTA DE GALICIA

Na procura dos segredos arqueolóxicos que oculta a illa de Ons

Tempo de lectura: < 1 min.

A Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo manteñen a súa colaboración nunha segunda fase da intervención arqueolóxica que se está realizando no arquipélago de Ons, en busca que vestixios que acheguen información sobre relacións comerciais en época romana. Os traballos desta segunda fase iniciáronse o pasado 4 de outubro e son realizados polo Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüedad e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo.

O obxectivo é avanzar no coñecemento das relacións comerciais en época romana desta illa, escavando nunha das súas ‘factorías’ de salgadura, situada na praia de Canexol, e no castro dos Mouros.

ACTUACIÓN

Nesta segunda intervención, os investigadores prevén finalizar a escavación da pia de salgadura romana que se atopou en abril pasado na praia de Canexol. Trátase dunha estrutura que está en moi bo estado de conservación, cun muro de case dous metros de alzada. A segunda zona de traballo é o castro dos Mouros, onde xa en abril se localizaron a través dunha sondaxe unhas estruturas que poderían estar relacionadas coa parte máis baixa do castro. Toda a información en Xornal de Vigo.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: