fbpx
Vista de 1899 / foto FJ Martinez Santiso Arquivo Municipal de Betanzos

“O castro de Untía”, o Betanzos prerromano do século IV

Tempo de lectura: < 1 min.

O novo número do Anuario Brigantino, correspondente a 2020, vén con numerosos contidos de interese. Neste número, os arqueólogos Víctor Tomás Botella e Xosé Ramón Martínez Casal documentan por primeira vez a existencia dun poboado castrexo no casco urbano de Betanzos, a partir da descuberta dun tramo de foxo e a documentación de fragmentos cerámicos que permiten afirmar a existencia dun poboado entre os séculos IV a II a.C. Curiosamente, o castro está mencionado na documentación medieval na que se dá conta do traslado da poboación de Betanzos ao “castro de Untía”, pero non estaba documentada arqueoloxicamente. Máis información no Anuario Brigantino.

Pode que che interese...