fbpx
Portada do libro Soldados forzosos, sobre a Guerra Civil, de Francisco Leira

Rescatando parte da memoria esquecida da “longa noite de pedra da Historia de Galicia”

Tempo de lectura: 2 min.

O historiador de Ferrol da Universidade de Santiago de Compostela, Francisco Leira, acaba de publicar “A memoria esquecida da guerra civil”, co que obtivo un accésit no prestixiso premio Javier Tusell de Historia que organiza la Asociación de Historiadores del Presente.

Nesta obra, Leira fai unha historia fotográfica dos galegos que loitaron forzosos na Guerra Civil, desde que eran cidadáns na República, pasando pola súa experiencia bélica, ata a súa volta en plena ditadura. “Unha contribución que tenta saír dos discursos simplificadores, incidindo en que as guerras non teñen nada de heroico, senón que traen consigo morte, fame e sufrimento”, indica o autor. “É un colectivo que forma a memoria esquecida da longa noite de pedra da Historia de Galicia”.

É un libro de fotografías cunha clara vontade divulgativa, aínda que os seus resultado proceden dunha investigación de doutoramento. Un texto simplificado acompaña a un cento de fotografías que proceden dun proceso de documentación de dous anos. “É un deber dos historiadores buscar ferramentas que fagan atractivas as nosas investigacións a toda a cidadanía. A historia é da sociedade civil”, sinala. A través das súas páxinas se observa a experiencia de persoas correntes, por encima de descursos propagandísticos políticos e poralizados. Por iso, tenta mostrar as miserias da guerra, de calquer guerra. “Un obxetivo simple pero complexo”, suliña.

A investigación da que procede gañou o prestixioso Premio Miguel Artola, o Premio Juana de Vega e una mencióRescatando parte da memoria esquecida da “longa noite de pedra da Historia de Galicia”n honorífica no concurso de ensaio histórico da George Watt da ALBA de Nova Iorque. As fotografías proceden dos fondos da Biblioteca Nacional, da Real Academia Galega, da Hemeroteca da Bibliblioteca de Galicia, do fondo Francisco Villamil do Arquivo do Reino de Galicia da Coruña e principalmente do Arquivo de Jaime Pacheco (de Vigo) e do fondo Blanco Fuentes (do pai de Blanco Valdés) do Museo Reimondez da Estrada.

“O obxetivo deste libro é que sexa un punto de partida para que máis familias destes protagonistas da memoria esquecida da longa noite de pedra cedan fotografías, cartas e diarios para coñecer aquela triste experiencia”, conclúe.

Pode que che interese...