fbpx
Imaxe de Afonso IX, na que se pode ver que é "Rei de Galicia e de León"

Desmontando os mitos de Afonso X, o rei que “marxinou” a Galicia

Tempo de lectura: 2 min.
Este martes 23 de novembro hai 800 anos, nacía en Toledo o rei Afonso X, baixo cuxo reinado Galicia acadaría as maiores cotas de esplendor cultural da súa historia. Para conmemorar a efemérede, o CCG vén de presentar presentou unha monografía “encamiñada a desmontar tópicos” sobre a relación do monarca con Galicia e, sobre todo, para repensar o paradigma tradicional da historia de Galicia na Baixa Idade Media.
Segundo apuntan dende o CCG, o volume pretende –da man de destacados especialistas de ámbitos diferentes como a lingua, a historia ou a arqueoloxía– poñer de xuízo o declive político e cultural que tivo Galicia na Baixa Idade media e, nomeadamente no reinado de Afonso X. “O paradigma dominante nos estudos medievais considera que o ano 1230, é o do comezo da marxinación política de Galicia. É entón cando con Fernando III, pai do Sabio, se produce a unión dos reinos de Galicia-León e Castela. Unha marxinación que, sempre dentro desta visión tradicional, non faría mais que medrar na época de Afonso X, pero non é verdade” asegurou José Miguel de Andrade que editou este texto xunto con Simon Doubleday, un dos grandes expertos da Iberia Medieval e autor dunha recoñecida monografía sobre Afonso X.
Nove estudos poñen en evidencia o poder que tivo Galicia nese período. O territorio galego non estaba entre as preferencias persoais do rei. “Afonso X demostrou unha rotunda preferencia polo sur da Península e por Sevilla en particular” aseguran Simon e José Miguel na introdución pero hai moitos indicios que amosan que Galicia tamén tipo o seu papel.
Primeiro porque a nobreza galega estivo moi implicada nas campañas militares na fronteira andalusí como no proceso de reorganización social e colonización; Galicia tamén estaba suxeita ao marco lexislativo afonsino co Espéculo, as Partidas e o Fuero Real, que se traduciron na creación de Portos de Galicia e burgos reais como o de Pontedeume; e moitos dos seu funcionarios eran galegos, o como propio Gómez García de Soutomaior. Con todo, a súa gran contribución para Galicia foi no ámbito cultural, coas tan coñecidas Cantigas de Santa María. Máis en Galicia Confidencial.

Pode que che interese...