fbpx
Domingo de Noceda labregando co carro / Manuel Fernández, La Voz de Galicia

Domingo de Noceda, un dos últimos homes que utiliza o carro en Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

Ver a Domingo Pérez Ron (Santa María do Trobo, A Fonsagrada, 1941) tirar do carro que sostén as súas dúas vacas é viaxar no tempo ata a época dos avós, aquela na que a mecanización do campo antoxábase como algo lonxano e inasumible para os labregos. Basta con observalo apenas uns minutos para entender que nacer e vivir na Galicia rural é un luxo que non todos saben ou poden apreciar.

Tal e como conta La Voz,  fonsagradino é un dos últimos galegos que, ata fai apenas uns días, saía co seu carro tirado por vacas en busca de toxos. Para elo, a rutina que tan interiorizada ten era a siguinte: primeiro ten que xoncer as vacas, aínda que as ten tan educadas que elas soas saben saír da corte e esperar fóra mentres o home colle o xugo, as molidas e as sogas. Todo ten truco, mais Domingo de Noceda ten experiencia de sobra e, seguramente, podería realizar o proceso cos seus ollos pechados. Seguidamente hai que apoñer as vacas ao carro. Alí, aos pés da súa casa, emprende camiño cara ao monte, onde o esperan os toxos xa segados, en pequenos montículos. Pero na montaña, a pendiente obrígalle a cavar para que as rodas do carro non o desestabilicen.

Sen embargo, ver a Domingo entre montañas é unha estampa en vías de desaparición, posto que pola súa idade e estado de saúde deicidiu vender unha das súas reses.

Toda a información: La Voz de Galicia

Pode que che interese...