fbpx
Intervención de Valentín García Gómez no coloquio internacional Os Corpora Docvumentalia Latina da Península Ibérica / XUNTA

O Corpus Documentale Latinum Gallaeciae, o gran proxecto da lexicografía latina medieval de Galicia fai 25 anos

Tempo de lectura: < 1 min.

Esta semana celebrouse a apertura do coloquio internacional Os Corpora Docvumentalia Latina da Península Ibérica con motivo do 25 aniversario de CODOLGA. Esta xuntanza científica reuníu aos membros da rede colaborativa Corpus Documentale Latinum tanto de España como de Portugal para estudar o futuro dos proxectos comúns e as posibilidades técnicas a afrontar.

Durante o coloquio, os diferentes equipos españois dedicados á lexicografía latina medieval en Galicia, Cataluña, Castela e León e Comunidade Valenciana, ademais do grupo luso, intercambian relatorios, experiencias e propostas sobre os seus respectivos traballos.

Intervención do catedrático da USC Valentín García Gómez no coloquio internacional “Os Corpora Docvumentalia Latina da Península Ibérica” / Xunta de Galicia

O grupo galego aproveita tamén para presentar a nova faciana do seu portal web co gallo dos seus primeiros 25 anos de vida. O Corpus Documentale Latinum Gallaeciae naceu como un proxecto do Centro Ramón Piñeiro en 1994, pero hai 25 anos que chegou á rede por primeira vez con 8.000 documentos editados para o aproveitamento da comunidade científica, tanto do ámbito da lexicografía e da gramática como da historia e da socioloxía, a través da documentación latina medieval relacionada coa Gallaecia dos séculos VI ata o XV.

Pode que che interese...