Santa Baia, a igrexa pantasma esquecida e espoliada no tempo
Entre eles está o proxecto de obras de limpeza e consolidación do templo de Santa Baia (Chacín). Unhas obras en Santa Baia evitarán o deterioro deste conxunto patrimonial do século XVI que se atopa nun estado ruinoso.
O obxectivo do Concello é acondicionar a contorna para que sexa visitable por turistas e veciños, especialmente por atoparse alí soterrados familias e seres queridos da veciñanza do municipio. A intervención en Santa Baia tamén foi encargada a unha empresa local. O traballo comezará con carácter inmediato.
É un templo de tres naves separadas por arcos que descansan en cimacios, por arcos de medio punto sobre columnas de sección octogonal, semellantes aos varais dos cruceiros. A capela maior ten planta rectangular e cóbrese con bóveda de canón de cantería apoiada nun arco faixón. Os retablos, hoxe desmontados e gardados en espera de que algún día se poidan restaurar conxuntamente coa edificación pétrea, pertencen a segunda metade do XVIII e teñen a graza e a elegancia propia do rococó. Conserva o adro, o cemiterio e as ruínas da casa reitoral.