fbpx

A “visión” que deixou Titus Aulius Arcisus á deusa Diana nun complexo de arte rupestre da Estrada

Tempo de lectura: < 1 min.

Titus Aulius Arcisus realizou libremente esta dedicación para Diana como consecuencia dunha visión (un soño, algo revelado)”. Isto é o que pon unha inscrición traducia polo especialista Juan Manuel Abascal Palazón e que foi atopada nun complexo de arte rupestre chamado A Quenlla dos Carballos, nun outiero sobre o río Ulla, en San Xurxo de Vea, A Estrada.

O achado produciuse durante o “traballo de revisión que estamos a facer nos últimos meses dos xacementos rupestres da contorna inmediata da comarca de Santiago”, sinalan no seu blog. No caso desta estación de arte rupestre, estaba ata o momento clasificada como unha estación de época “histórica” debido á existencia de motivos cruciformes. A visita da Rula evidenciou algo moito máis complexo. Xunto a eses cruciformes, os membros do colectivo localizaron varios paneis cos motivos tradicionais da arte prehistóricoa galega da Idade do Bronce e outras gravura máis excepcionais, como un barquiforme e unha inscrición votiva de época romana.

O achado é moi importante porque existen moi poucas inscricións rupestres dedicadas aos deuses romanos no territorio galego actual. Esta inscrición engade, ademais, a relevancia de poder documentar a continuidade dun espazo de relevancia simbólica, vinculada ao río Ulla, desde a Idade do Bronce e a época romana ata momentos plenamente históricos. Para o colectivo A Rula, a complexidade de imaxes representadas neste espazo dá conta da existencia dun “santuario rupestre” que ademais pode ter relación co Pico Sacro. Máis en A Rula.

Pode que che interese...