fbpx
Museo do Coiro de Allariz / verpueblos.com

Afectado o tellado e varios obxectos do Museo do Coiro de Allariz por un incendio

Tempo de lectura: < 1 min.

Un incendio orixinado ao redor das 7.30 horas deste martes causou danos estruturais no Museo do Coiro de Allariz. Varias chamadas de veciños da vila ao 112 informaron da presenza de chamas no museo situado á beira do río Arnoia, ao seu paso por Allariz, tal e como recolle o xornal Galicia Confidencial.

As chamas afectaron o tellado da infraestrutura e a un almacén do restaurante que forma parte do museo, nesa zona atópanse as cámaras frigoríficas polo que unha das hipóteses apunta a un problema eléctrico.

Afectados dous carros

En canto á parte musealizada do edificio só viuse afectado un dos carros expostos aínda que se apontoará a estrutura para evitar derrubes e acordoouse a entrada principal para valorar ao completo os danos.

O museo cumpriu 25 anos no ano 2020 e nel consérvanse moitas ferramentas que se utilizaban para cortar o coiro, como distintos coitelos, mesas, mazos ou tenazas entre outros utensilios. Vía Galicia Confidencial.

Pode que che interese...