fbpx
Bandoleiros andaluces / Élite Diario

Así amedrentaba o bandoleiro Cachabelo aos veciños de Cartelle

Tempo de lectura: < 1 min.

A pobreza e o fame poden facer que unha persoa que destacou sempre pola súa bondade escolla o mal camiño. Este pode ser un feito que se pode observar en calquera cidade do mundo a través da historia, porque, ao final, a vida baséase en subsistir. E Galicia sabe tamén desas xentes de boa ou mala vida que se botaron ao monte para poder subsistir facendo mal. Fixérono como bandoleiros ocultándose nos montes do país.

Como di a Asociación Amigos do Patrimonio de Toén, o monte do Castro de Trelle, en Cartelle, foi sinónimo de perigo en moitas ocasións. Por esas terras merodeaban lobos, mais tamén homes, animais máis perigosos se cabe. No ano 1909, a prensa recollía a presenza dunha gavela de bandoleiros que infundía temor na contorna de Cartelle.

O impacto dos bandoleiros foi tal que na tradición oral sobreviviu a historia dun criminal famoso pola súa arte de roubar, O Cachabelo. Documentación da época recolle que a xente de tódolos pobos da contorna acostumaba a pasar polo monte do Castro de Trelle, onde eran recibidos polo Cachabelo.

Entón, o bandoleiro preparaba con antelación o seu truco de maxia: colocaba moitos monicreques grandes como homes no cume da monte. Así aparentaba ir cunha banda coa que amedrentar á poboación para que lle deran os seus cartos. No caso de que se negasen, mandaba baixar aos seus “amigos” e, caso que accedesen, mandáballes quedar na súa posición. Así era o truco do Cachabelo, esa era a arte de roubar dos bandoleiros.

Pode que che interese...