fbpx
O antigo Círculo Católico de Obreiros de Ourense / Ciag

Así era o edificio histórico que acolleu enfermos ourensáns da gripe do 1918 destruído polo boom inmobiliario

Tempo de lectura: < 1 min.

Durante os anos 70, as cidades galegas viviron un momento de especulación urbanística e inmobiliaria. As cidades crecían e precisaban de máis vivendas, polo que moitos edificios históricos derrubábanse ou maltratábanse para construír este outro tipo de contrucións que, habitualmente, non respectaban a estética do lugar. Un exemplo en Ourense deste feito foi o edificio da “Sociedade Católica de Obreiros” en Ourense.

Como detalla o Centro Infográfico Avanzado de Galicia (Ciag), a contrución emplazábase na Rúa Vicente Pérez (actual Rúa do Paseo), nas inmediacións do Campo da feira (actual Parque de San Lázaro). A sinxeleza e a sobriedade da súa fachada horizontal era o máis destacable deste elemento do patrimonio ourensán que data do 1905. O acceso ao edificio facíase a través dun pórtico de dúas columnas con capiteis xónicos alzadas sobre un plinton entre dúas pilastras dóricas.

Nos primeiros anos cumplía funcións de formación profesional, mais durante a epidemia de gripe de 1918 o edificio habilitouse para atención dos enfermos, e posteriormente instalouse unha “Estación de Desinfección de Roupas”. Durante os seus derradeiros anos albergou varios negocios mercantís.

O edificio estivo en constante evolución. Xa durante a súa contrución deséñase o peche da finca e, máis tarde, é obxecto de reformas estruturais nas que aumentaban o seu tamaño. Isto non impediu que na década dos 70 fose derrubado debido á presión urbanística especulativa para a construción de vivendas”, como indica a Ciag no seu post de Facebook.

 

Pode que che interese...