fbpx
O grupo Luar na Lubre / mirmidon.es

Historias e lendas dos peregrinos, os novos temas do histórico Luar na Lubre

Tempo de lectura: < 1 min.

O grupo de folk Luar na Lubre arrincará a súa xira de 2022 con dous concertos no Teatro Principal de Ourense os días 14 e 15 de xaneiro, en colaboración coa Deputación. Este dobre pase servirá para presentar o seu novo traballo ‘Vieiras e vieiros, historias de peregrinos’.

Trátase do seu 19 álbum, segundo informan os propios artistas, co que contan historias e lendas dos peregrinos que percorreron os diferentes camiños de Santiago, así como as súas derivacións a Muxía ou Fisterra.

O novo traballo de Luar na Lubre está composto por 27 temas e un deles, ‘Benvido’, conta coa colaboración especial de Miguel Ríos, que canta en galego. As entradas para asistir a estes dous concertos en Ourense, que comezarán ás 20,30 horas, pódense adquirir en Ataquilla.

Pode que che interese...