fbpx
Mosteiro de San Paio de Abeleda en Castro Caldelas / ADEGA

O mosteiro de San Paio de Abeleda, outra xoia do románico “en dramático proceso de ruína”

Tempo de lectura: < 1 min.

O patrimonio románico galego é moi afectado polo paso do tempo. Moitas das contrucións deste estilo foron abandonadas durante a desamortización de Mendizábal e, dende aquela, non se lles atopou ningunha outra función. O mosteiro de San Paio de Abeleda é un dos casos máis sanguentos.

Desde 2007, este mosteiro que se atopa no concello de Castro Caldelas está incluído na lista vermella de patrimonio que desenvolve Hispania Nostra. A asociación data este mosteiro do século XII e confirma a súa gran influencia como núcleo monástico na Ribeira Sacra. Dentro do conxunto atópase unha igrexa románica, que “conserva elementos orixinais e de reformas posteriores do século XIV”.

Mosteiro de San Paio de Abeleda / ADEGA

Da súa ornamentación destacan os capiteis policromados con decoración vexetal e zoomorfa. Ademais, como todo edificio románico ten planta de cruz latina, neste caso cunha soa nave separada en tres corpos por medio de arcos de medio punto. O mosteiro de San Paio de Abeleda é un dos máis claros exemplos do románico en Galicia.

Hispania Nostra decribe o estado de conservación deste edificio románico como “abandonado e en dramático proceso de ruína”. Do conxunto arquitectónico románico só se conserva unha portada dos séculos XIII-XIV.

Pode que che interese...