fbpx
Fotografía dun ferrocarril do século XIX

O primeiro tren galego e como rematou en mans do avó de Camilo José Cela

Tempo de lectura: < 1 min.

Chegou o AVE a Galicia, o tren de Ferrol a Santiago ou conexións entre Lugo e a provincia de Pontevedra xa é outra cousa. Este feito chega 148 anos máis tarde da chegada do primeiro ferrocarril que se puxo en marcha en Galicia, 25 anos máis tarde do primeiro tren da España peninsular.

O 15 de setembro de 1873 foi o día escollido para o primeiro traxecto galego que conectou dous municipios xa extinguidos: Cornes (absorvido por Santiago) e Carril (por Vilagarcía).

Como recolle La Voz de Galicia, nas estacións de Cornes e Carril, ningunha activa na actualidade, houbo festa por todo o alto cando no ano 1861 se constituiu a compañía propietaria da liña: a Real Sociedad do Ferrocarril Compostelán da Infanta doña Isabel de Santiago ao Porto de Carril.

A obra, dirixida polo inxeñeiro John Stephenson e o seu socio Camilo Bertorini, tardou 12 anos en concluír. Todo un prodixio de axilidade e eficacia, como relata o xornalista Serxio González, xa que se trataba dun trazado de 42 kilómetros con cinco escalas intermedias, dous túneles importantes e outros tantos viaductos sobre os ríos Sar e Ulla.

A compañía tivo apoios de tódolos lados: capitalistas ingleses, emigrantes dende Cuba e xentes pudentes do país. Un dos accionistas foi o avó de Camilo José Cela, John Trulock, que no ano 1880 fíxose coa xerencia de toda a entidade. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...