fbpx
Chozas no suído ameazadas por eólicos / BNG

Queren declarar BIC as chozas e o foxo do lobo da Serra do Suído ante a ameaza eólica

Tempo de lectura: 2 min.

O Pleno do Concello de Covelo coa unanimidade de tódolos concelleiros e concelleiras, PP,BNG e PSOE, a proposta presentada polo grupo municipal do Bloque para conseguir da Xunta de Galicia a declaración de Bens de Interese Cultural (BIC), as chozas e o foxo do lobo que contan con peculiaridades construtivas, propias desta terra.

“Cumpre protexer este patrimonio herdado, diante da ameaza da posible instalación de novos parques eólicos na zona, que afectarían de xeito moi negativo á conservación deste valioso ben cultural e histórico”, apuntan desde o BNG.

Chozas construídas nas serra para a protección dos pastores / fornelos.gal

Os chozos

Son construcións de granito dunha soa planta. O seu interior ten aproximadamente 20 m2 e dispón de bancadas corridas, bancos, nichos para almacenar obxectos, lareiras e unha pequena xanela probablemente para facer de tiro das fogueiras da lareira. A construción estaba cuberta con grandes laxas que descansaban sobre arcos de medio punto.

O tellado estaba cuberto de brión e vexetais para illar a casa da humidade e da calor no verán. Ao redor destes existían diferentes recintos para delimitar o gando. A antigüidade destas construcións non é moi clara aínda que pola súa arquitectura de arcos de medio punto poderían ser da época medieval, (séculos XII ou XIII).

Esquema de como era un dos foxos do lobo na serra do Suído / osuido.org

Foxos de lobos

Para protexerse da superpoboación de lobos, as comunidades veciñais construíron numerosos foxos de lobo.Un deles é o foxo do lobo do Campo, restaurado recentemente.

Tratábanse de recintos normalmente en forma de “V” feitos por pedras que formaban altos muros e que conducían até o vértice, onde había un recinto, normalmente circular, que era provisto no seu fondo de paus en punta e outros obxectos mortais para o lobo. Adoitábanse organizar batidas certo día da semana. Os aldeáns xuntábanse e emprendían camiño cara á serra provistos de obxectos que ao chocar provocasen ruídos que asustasen ao lobo e así poder conducilos até os foxos.

Pode que che interese...