fbpx
Simboloxía da masonería / masons universais

Cando os fascistas “Caballeros de La Coruña” prenderon a todos os masóns da cidade

Tempo de lectura: < 1 min.

O cinema Hercules / Circo de Artesáns da Coruña

Franco tiña dous temores: o comunismo e a masonería. Por isto, elaboraría unha lei nada máis facerse co poder estatal, practicamente, contra os que consideraba “os grandes males de España”: a Lei de Represión da masonería e comunismo. Por suposto, na Coruña tamén había masóns que sufriron a represión franquista de primeira man.

No verán de 1936, a milicia urbana franquista chamadaCaballeros de La Coruña comandada polo tenente coronel da Guardia Civil Benito de Haro Lumbreras, recibiu información sobre a ubicación da sede dos masóns da Coruña. O desaparecido cinema Hércules, na rúa de San Xosé, situada en pleno barrio de Monte Alto, era a sede da masonería na cidade.

Foi na noite do 24 de agosto de 1936 cando 25 membros da garda civil e dos milicianos rexistraron o local no que atoparon varios documentos cos nomes dos integrantes masóns. Nos días seguintes producíronse as detencións correspondentes en distintas partes da cidade. O membros da masonería herculina foron trasladados á sede da Falanxe para seren interrogados.

O gobernador civil, o tenente coronel González Vallés, non era partidario dunha excesiva dureza, segundo comenta o Circo de Artesáns en Facebook. O 29 de marzo permitíuselles saír para pasaren todos a arresto domiciliario.

Pode que che interese...