fbpx
Mulleres na feira de Palas de Rei en 1961. Os zocos seguían sendo o calzado de boa parte das xentes da aldea nesa época / Galicia Agraria

“Es unha solteirona”…. O por que dun apelativo despectivo contra as mulleres que non casaban

Tempo de lectura: < 1 min.

A pegada do ‘machismo’ na Galicia do pasado século era moi evidente ata en situacións onde a muller xa estaba oprimida. Ata ben entrado o século XX, o termo ‘solteirona‘ era habitual para definir ás mulleres que non casaran antes dos 24. 

Como sinala Arquivo de Galicia no seu Facebook, esta barreira de idade era recoñecida pola Igrexa. A institución eclesiática só permitía casamentos entre curmáns cando a muller tiña máis de 24 anos porque se consideraba “unha idade excesiva” para conseguir un amor “de verdade”.

Como mostra, unhas cartas pertencentes ao Fondo da Familia Vilariño Pintos que garda o Arquivo de Galicia, na que a autora explica a súa preocupación tras coñecer as dificultades que terá para casar co seu curmán por ser ela menor de 24 anos. Como mesmo ela manifesta, se tivese 25 ou 30 anos sería máis doado porque a esas idades “suponse que xa non ten unha quen a queira”.

Pode que che interese...