fbpx
Muralla do castro de Penas do Castelo / Concello de Pobra do Brollón

Estás de acordo co “top” dos achados máis importante en Galicia no 2021?

Tempo de lectura: < 1 min.

O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa elaborou unha lista cos 10 descubrimentos arqueolóxicos máis importantes do ano en Galicia, a listaxe foi publicada durantes estes primeiros días do novo ano, como parece que é xa tradición.

O top encabézano a datación mediante Carbono-14 do castro de Penas do Castelo e a súa monumental muralla. As investigacións sitúan este xacemento na transición á Idade de Ferro, entre os séculos VIII e IX a.C. Ademais de converterse nun dos castros mellor documentados desa época, é clave para  o estudo do sedentarismo e da construción en pedra.

Os primeiros cinco postos son completados polas murallas do castro de San Millao, a cabeza antropomorfa na Cibdá de Armeá (Allariz),  as tres tumbas de rito cristián na cova de San Xoán de Vello en Viveiro e un santuario rupestre preto do Ulla en A Quenlla dos Carballos en A Estrada. Os cinco xacementos restantes pódense atopar no post de Facebook do Parque Arqueolóxico.

Pode que che interese...