Galegos en campos de concentracións franceses: “Eramos como animais nun zoolóxico”
Santiago Rodríguez Salinas vivía en Madrid no 1936 xunto a súa nai, Antonia, e o compañeiro dela, o prestixioso crítico de teatro de xornais como ‘La Vanguardia’, Alberto Marín Alcalde. O golpe de Estado franquista e a posteior Guerra Civil provocaron un xiro de 180 graos na súa acomodada vida. Decide alistarse para defender a Fronte Popular.
E con ela combateu nas batallas do Ebro e de Teruel, onde Santiago librou a guerra ata que Barcelona cae ante os feixistas. Entón, el xunto a medio millos de exiliados cruzan os Pirineos escapando do terror e da escuridade que trouxo o franquismo.
EXILIO
En Francia, Santiago comeza a súa vida como refuxiado en diversas praias francesas reconvertidas en campos de concentración. “Fomos pioneiros dese turismo actual trashumante de praia”, escribe con ironía no seu libro.
Como escribe eldiario.es, con humor a pesar do desastre, Santiago describe a situación de estar tras un aramio, sentíndose “como animais nun zoolóxico, delgados debido ao rigoroso réxime dietético”, ironiza en relación á fame que pasaban. “Repartíase unha bola para cada 25 persoas“, relata.
REDONDELA
Un día, recibe un correo da súa nai que lle explica que Alberto Marín Alcalde foi condeado a morte e enviado á Illa de San Simón. Antonia, profesora durante a República, trasládase a Redondela para estar máis préto do seu compañeiro.
Tras 16 meses no exilio, todos os exiliados son devoltos a España. Santiago pasa polo campo de concetración de Reus, dous campos de batallóns disciplinarios e unha mili forzada en Canarias; sete anos de castigo. Entón, Santiago chega a Redondela, onde pasará o resto da súa vida coa súa nai, que traballa dando clases particulares.
Santiago cásase e ten tres fillos, un deles o actor Eduardo Rodríguez ‘Tatán’ que recorda para eldiario.es que o seu pai era “un buscavidas” que facía o que podía para darlles de comer. Cando se xubila, e tras décadas de silencio, Santiago comeza a teclear a súa vella Olivetti en 1981 para escribir as súas memorias. Falece no 1985, con 68 años, en Redondela. Máis información en: eldiario.es