fbpx
O parque eólico de Vilartoxo e o seu efecto nos bens patrimoniais da zona /Colectivo A Rula

Mámoas e petróglifos en perigo no Val do Dubra polo boom eólico

Tempo de lectura: < 1 min.

O Val do Dubra tamén vai ser afectador polo ‘boom’ dos parques eólicos que está sufrindo Galicia que, segundo o último informe do Consello da Cultura Galega Enerxía eólica e paisaxes culturais en Galicia, “os danos poden ser irreversibles“.

O proxecto do Parque Eólico de Vilartoxo é un dos máis de 250 parques eólicos en trámite en todo o territorio galego. Os novos muíños e todas as instalacións que conlevan afectarían a sete bens patrimoniais da comarca: as dúas mámoas do Outeiro de Medorra, as dúas mámoas de Porto Ribeiro, o petróglifo do Gavis e as outras dúas mámoas do Fondo do Val. Así o denuncia o Colectivo A Rula.

O informe de impacto elaborado por Zeta Arqueoloxía S.L., ademais de descubrir a primeira estación de arte rupestre prehistórica do Concello, declara que “o vial do parque deseñouse de tal xeito que non ocupa superficies non afectadas previamente nesta zona, e as ampliacións, ao igual que a zanxa, execútanse cara o lado oposto dos elementos”.

O Colectivo A Rula sinala que estas declaracións “non se axeitan á realidade xa que na maioría dos casos trátase de impactos directos sobre os bens ou as súas contornas, alteracións irreversibles que en ningún caso deberían ter a valoración de moderados”.  Asimesmo, declaran que a existencia de alteracións previas, na súa meirande parte pistas forestais xa construídas, non deben servir como “xustificante” dunha afectación directa sen volta atrás sobre un ben patrimonial.

Pode que che interese...