fbpx
Pezas de xadrez de cristal de roca de Ourense /Therese Martin

Que conexión hai entre “aneis milagreiros” dos bispos santos, mulleres nobres e un exótico xadrez do século X?

Tempo de lectura: < 1 min.

Cantas películas ou novelas de ficción haberá sobre aneis máxicos ou roubos de obxectos históricos que pertenceron a grandes nobres? A seguinte que atopes na carteleira do cinema podería ser sobre a investigación que está levando un grupo internacional de investigación CSIC liderado por Therese Martin sobre catro dos oito aneis “milagreiros dos nove bispos “santos” galegos e a súa relación co xogo de cristal de roca completo de xadrez que se atopa na Catedral de Ourense.

As oito pezas de xadrez que se atopan na capital ourensá (torre, alfil, cabalo e cinco peóns) pertencían a unha das mulleres máis poderosas da Idade Media, Ilduara Eiriz (último cuarto do século X-958 d.C.), nai do bispo San Rosendo. Proveñen de terras de Oriente foron legadas ao seu fillo e, do xogo enteiro, só queda rastro destas oito figuras que están no museo da Catedral.

A composición do xadrez de Ilduara está ligada co selo doutra importante nobre da época: Ermensinda de Carcasonda (condesa e rexente de Barcelona). As letras do selo teñen o mesmo brillo que as pezas do xadrez de Ilduara. Logo, o selo ten contén o nome da condesa en árabe, o que sinala que ambos obxectos poderían ter a mesma orixe: un agasallo exótico por algunha acción diplomática. Máis información en El País.

Pode que che interese...