Unhas obras en Vigo sacan á luz o que poderían ser os restos dunha histórica capela do XVI
Ata do século XIX Vigo tiña un problema: non tiña unha boa saída cara a Baiona. A calzada que viña de Pontevedra remataba na Porta do Sol pasando por García Barbón e Policarpo Sanz. Entón, no ano 1889 o Concello abriu a Rúa Elduayen que conecta a Porta do Sol e o Paseo de Afonso XII, tras longos trámites. Para contruír esa nova saída tívose que expropiar e retirar moitas casas que agora saen á luz coa construción dun novo túnel.
O equipo de arqueoloxía que traballa nas obras atoparon os restos que os expertos cuestionan se se trata da histórica capela da Misericordia. Pola contra, tamén poderían ser os cimentos das construcións expropiadas no último terzo do século XIX. As investigacións dos mesmos arqueólogos responderán ante esta dúbida.
Os traballos enmárcanse na revisión arqueolóxica que debe realizarse antes de construír o paso subterráneo, debido a que se trata dunha zona de cautela arqueolóxica. Xa no ano 2009, o arqueólogo Javier Liaces localizou un tramo das antigas murallas da cidade baixo a rúa Elduayen na súa aproximación ao Paseo de Afonso XII nos controis arqueolóxicos das obras de ‘humanización’ entre a Porta do Sol e o citado paseo, segundo comenta o xornalista Jorge Lamas. Máis información en: La Voz de Galicia.