fbpx
Cruceiro de Fondo da Vila en Padrón / turismo.gal

(VIDEO) Pintan un cruceiro de Padrón do século XVI estudado por Castelao

Tempo de lectura: < 1 min.

O Cruceiro do Fondo da Vila foi atopado pintado na súa base. O acto foi denunciado por redes sociais, mais non se sabe aínda quen puido causar esta desfeita no patrimonio de Padrón. Algúns veciños pensan que foron nenos xogando e critican a irresponsabilidade dos pais para controlar aos seus fillos.

O Cruceiro do Fondo da Vila data de 1587. Feito polo escultor Juan de Santiago, veciño de Pobra do Caramiñal, foi doado por Juan de Lareda á vila de Padrón. A figura por un lado mostra o Cristo cruficado e, polo outro, a Virxe das Angustias.

Este cruceito, que ata comezos do pasado século ficaba no Paseo do Espolón de Padrón, foi estudado por Castelao na súa obra “As cruces de pedra na Galiza”.

Pode que che interese...