Axudará de algo que o abandonado e importante xacemento de Adro Vello sexa BIC?
Despois de 30 anos abandonado polas institucións públicas galegas, o Adro Vello por fin é considerado como Ben de Interese Cultural (BIC). O Diario Oficial de Galicia vén de declaralo e este xacemento romano e medieval pasará a estar protexido pola Lei de Patrimonio Cultural de Galicia. Aínda así, dende o Concello do Grove, onde se sitúa o Adro Vello, non se mostraban fai un mes positivo ante a incorporacion do elemento patrimonial como BIC. Máis información en Galicia Confidencial.