fbpx
Moeda do século XVII achada en Cortegada / vía La Voz de Galicia

Esta é a historia dos oito maravedís de Cortegada que proban unha estafa real

Tempo de lectura: < 1 min.

Un grupo de voluntarios de GreenPeace que se achegaron a semana pasada a Cortegada atoparon unha vella moeda do século XVII. De feito trátase dunha moeda que foi datada en dúas ocasións, a primeira en 1624 e a segunda en Madrid en 1641. Isto débese a unha devaluación da moeda por orde real, é dicir, esta moeda de oito mamaravedís tivo dous valores diferentes.

Segundo recolle La Voz, dende a dirección do Parque Nacional Illas Atlánticas explican que esa práctica de selado “era unha especie de estafa á sociedade. A modo de exemplo, cando un cidadán entregaba as súas moedas, por exemplo cen marabedís, recibía a metade das moedas pero reseladas polo mesmo valor. A metade que non se lle entregaba ao cidadán era empregada polo Estado”.

A peza xa foi entregada á Consellería de Cultura para que “realice as pescudas oportunas a fin de achegar máis información histórica sobre este achado”. A importancia desta moeda non está na súa particularidade senón na súa localización. O achado deste oito maravedís en Cortaga sinala que a vila era “un punto de movemento económico no século XVII“. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...