fbpx
Restos de cerámica e tégula romana atopados noTeso do Castelo, en Cervantes / Patrimonio dos Ancares

Identifican un novo asentamento romano fronte o Castelo de Doiras nos Ancares

Restos de cerámica e tégula romana atopados noTeso do Castelo, en Cervantes / Patrimonio dos Ancares
Tempo de lectura: < 1 min.

A Asociación Patrimonio dos Ancares, no concello de Cervantes, atopou fai máis de seis anos diferentes restos arqueolóxicos nunha elevación rocosa fronte o Castelo de Doiras que provocaron diferentes pesquisas sobre a súa orixe. O lugar no que se atoparon, o Teso do Castelo adicábase á vixilancia de camiños e, grazas a este descubrimento, tamén sabemos que foi un asentamento de época romana. 

A primeira incursión na zona foi en 2016 e localizouse parte dunha muralla, un recipiente cerámico e dúas moedas, unha delas do século XVII. Agora, co outeiro despexado de maleza puideron investigar todo o territorio atopando pedras que formaban parte doutro tipo de edificación, mais anacos de recipientes cerámicos e de vidrio, e mesmo tégula. 

«Todos estes achados confirman a existencia dun asentamento romano que, posiblemente, estaría relacionado coas abundantes explotacións mineiras da zona e coa vía romana XIX que, procedente do Bierzo, entraba en Galicia polo Comeal, en Cervantes, onde aínda se conserva un impresionante tramo», explica o historiador Xabier Moure. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...