fbpx

Nova agresión no Castro de Trelle dana unha das súas murallas

Tempo de lectura: < 1 min.

O patrimonio galego non para de ser atacado por persoas inconscientes e pouco concienciadas co seu patrimonio. Esta vez tocoulle ao Castro de Trelle situado entre os concellos de Toén, Cartelle, Barbadás e A Merca. Desta vez, a apertura de dous carreiros danaron parte da muralla deste importante elemento patrimonial.

Como describe a asociación Amigos do Patrimonio de Toén, “dous carreiros feitos en pleno xacemento baixando dende a pista de acceso á torreta que desfixo o lenzo dunha das murallas e afectou a restos de vivendas castrexas“. Así foi o último ataque contra un dos castros máis recoñecidos da comarca e que leva sufrindo “continuas agrasións” dende 1948.

A desfeita foi descuberta cando voluntarios de varias asociacións en defensa do patrimonio estaban a participar nunha xornada dedicada a estudar a escavación deste poboado para a súa posta en valor, como sinal La Región. Dende a asociación Amigos do Patrimonio de Toén lembran que este tipo de actos están penados con multas que van dos 60000 € en adiante, e máis “nun xacemento de sobra coñecido e inventariado dende fai varias décadas”.

Pode que che interese...