fbpx
Imaxe restaurada dun Anselmo Vilar mozo / Luda Merino Garrido (@RestaurandoDign) vía eldiario.es

O acto do fareiro galego que salvou a milleiros de persoas en Málaga, e polo que sería fusilado despois

Tempo de lectura: 2 min.

En 2022 cumpríronse 85 anos dun dos episodios máis sanguentos e crueis da Guerra Civil española: La Desbandá’. Na madrugada do 6 ao 7 de febreiro miles de persoas foxen polo temor a ser masacrados polas tropas fascistas dende Málaga. En Torre del Mar, unha localidade da costa malagueña, amoreanse 200.000 persoas. Foi cando, ante o asedio dos avións alemáns e italianos, o fareiro galego Anselmo Vilar García apagou a luz do faro para despistar aos sublevados e salvar a vida dos civis que fuxían pola estrada da morte.

Vilar naceu en Castro de Rei (Lugo) e era o fareiro de Torre del Mar dende o ano 1930. Un faro no que xa estivera o seu pai. De feito, foi o avó, Anselmo Vilar Coira quen estrenou o primeiro faro da vila o 15 de marzo de 1867.

Segundo conta o xornalista de Vélez-Málaga (concello ao que pertence Torre del Mar), Jesús Hurtado, os avións italianos e alemáns bombardearon todo o camiño polo que fuxían os malagueños. Ademais, Vélez, o pobo ao se dirixian os refuxiados xa fora conquistado polos fascistas. Polo tanto, Vilar, que coñece todo isto e sabe que milleiros de persoas amoreanse preto do seu faro, toma unha firme decisión que pagará coa súa vida: apaga as luces para evitar que os avións se orienten e continúen a súa matanza, como recolle eldiario.es.

Segundo lle referiron a Hurtado testemuñas presenciais, dúas noites permaneceu sen luz o faro de Torre do Mar, que tiña un alcance de doce millas, uns 22 quilómetros. Grazas á escuridade, milleiros de persoas puideron refuxiarse sen medo a ser descubertos. “Por iso entre Torre do Mar e El Morche houbo ametrallamentos e en Torre del Mar non, a pesar de que houbo a maior concentración de persoas”, resume Hurtado.

Ao día seguinte, o Tenente Coronel Mejide e o Capitán de Infantería Ramón Marvá Maciá chegan a unha Vélez-Málaga baleira e supoñeron que os cidadáns e a resistencia marcharan.

E cal foi o destino de Vilar?. Segundo Hurtado, foi apresado e fusilado nas paredes do cemiterio de Vélez-Málaga aos 55 anos.

Máis información en eldiario.es.

Pode que che interese...