Os 28 mortos do Marbel, outra traxedia que amosa a falla de protección no noso mar
O Marbel partiu do Porto de Vigo cara África do Sur o 28 de xaneiro de 1978. O buque, un conxelador de 1316 toneladas de rexistro bruto, tivo unha avería nada máis pasar o cabo Silleiro pola que perdeu o rumbo e chocou contra as rochas da illa Norte das Illas Cíes, na súa parte exterior. A noite, o inverno e a ondada compricaron aínda máis o rescate. A desastre saldouse con 27 mortos e nove superviventes.
A primeira chamada de socorro foi recollido por un radioaficionado ás 22:30, segundo explicou La Voz de Galicia ao día seguinte. Asimesmo, comentou que a radio costeira de Alcabre non funcionaba, polo que a resposta tardou aínda máis en chegar. Dende diferentes barcos lanzáronse cabos ao Marbel, mais ningún deles foi recollido polos seus tripulantes.
Un dos tripulantes que sobreviviu a catástrofe, Ramón Juncal que entón tiña 17 anos, comentou tempo despois que a comandancia non actuou de forma eficiente. “O primeiro barco pola zona que acudiu ao rescate foi o Navegante Magallanes, do Gran Sol. Deunos remolque, pero rompeulle o cable. Logo fomos ás pedras nas Cíes e xa se complicou todo. O barco rompeu pola ponte ao pegar dous golpes e a popa desapareceu”, recorda o mariñeiro.
Cinco dos tripulantes puidéronse salvar saltando a terra, os catro superviventes restantes tiveron que aguantar ata a mañá seguinte para alcanzar a Praia de Rodas. Alí foron recollidos por un pesqueiro que lles trasladou ao Berbés. As críticas dos familiares e dos mariñeiros non tardaron en chegar. Criticaron que non existía un equipo de rescate no porto para estes casos.
O Concello de Vigo acordou dirixirse ao Estado para demandar a presencia deste, pero non foi ata 10 anos máis tarde cando se crearía a Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima. Máis información en La Voz de Galicia.