fbpx
Vista aérea da igrexa de Santa Baia

Por fin… unha xoia do barroco sae do esquencemento

Tempo de lectura: < 1 min.

Despois de varios anos de incertezas, a igrexa barroca de Santa Baia de Chacín volve comezar a lucir como fixera antes de ser abandonada na década dos 70. O proxecto de consolidación e posta en valor da igrexa de Santa Baia de Chacín, en Mazaricos, “avanza a bo ritmo”, como sinalan dende o Concello.

O primeiro paso, a roza da vexetación que dende hai anos facía practicamente inaccesible o recinto, xa rematou. Actualmente, as ruínas desta igrexa datada do século XVI son completamente visibles dende o exterior, e o Concello levará a cabo posteriormente as obras necesarias para frear o deterioro e facer visitable o espazo.

As obras de consolidación das ruínas de Santa Baia contarán cun orzamento de aproximadamente 30.000 euros, co obxectivo de facer do templo un punto de referencia no patrimonio histórico e turístico local. Os traballos comprenderán a desmontaxe dos restos da cobertura e a demolición dos entramados de cuberta con risco de colapso. Retiraranse entullos e procederase a apontoar as estruturas, ademais doutras intervencións puntuais orientadas a posibilitar un uso recreativo e seguro do recinto.

Pode que che interese...