fbpx
Un fresco dunha escritora romana nunha parede de Pompeia / foto Wikimedia

(Video) Así era a muller romana na Gallaecia

Tempo de lectura: < 1 min.

O audiovisual pode achegarnos máis ao pasado que calquera outra ferramenta comunicativa. Por iso, o documental A muller romana na Gallaecia é un elemento interesante para observar a presenza feminina na Gallaecia, que foi en moitas ocasións pouco considerada. Esta peza audiovisual dirixida pola profesora na Universidade de Vigo, María José Bravo Bosch destaca polas numerosas recreacións actoriais en espazos históricos reais.

O documental está producido por Imagia Video, realizado en colaboración das Universidades de Vigo e León e financiado pola Xunta de Galicia. Na rede pódese ver un tráiler deste audiovisual que foi elaborado a partir de diversas fontes como a arqueoloxía, o dereito ou as crónicas da época.

Pode que che interese...