fbpx
Intervención de Gerardo Seoane na presentación das V Xornadas de Novela Histórica / Prensa do Concello de Verín.

Volven as “Xornadas de Novela Histórica” de Verín tras o parón provocado pola pandemia

Tempo de lectura: < 1 min.

Verín acollerá por quinta vez as “Xornadas de Novela Histórica” que se organizan na Biblioteca Municipal os vindeiros 25 e 26 de marzo. Esta quinta edición acollerá conferencias de escritores e escritoras de primeiro nivel que tratarán temáticas moi diversas como poden ser “As Fake News na historia” ou o nazismo. O evento foi presentado polo alcalde do Concello de Verín, Gerardo Seoane, e os responsables da Biblioteca, e organizadores, Aurora Prieto e Vicente Rodríguez na propia biblioteca o pasado 9 de febreiro.

As “Xornadas de Novela Histórica” volven tras o parón obrigado pola pandemia. “É todo un pracer poder estar aquí hoxe retomando un dos eventos máis importantes da axenda cultural verinesa“, explicou Gerardo Seoane ao tempo que engadía: “un ano máis, a nosa biblioteca municipal converterá á vila do Támega no epicentro da novela histórica, atraendo a mirada dun total de seis autoras e autores de primeiro nivel dentro deste xénero literario”. Máis información en Galicia Confidencial.

Pode que che interese...