fbpx
Espeleólogos no estudo da greta / vía El Correo Gallego

A Alameda de Santiago podería atoparse sobre un acueduto romano

Tempo de lectura: < 1 min.

As obras na rúa Pombal para reparar o seu noiro sacaron á luz un pasadizo no que están a traballar os espeleólogos. O achado deste espazo, que se alonga ata o subsolo da Alameda de Santiago de Compostela, remóntase ao pasado mes de xaneiro. Agora, un mes despois, comezaron as hipóteses.

O concelleiro de Obras do Concello de Santiago de Compostela, Javier Fernández, explicou a El Correo Gallego que actualmente están a estudar se esta galería “ten continuación”. Ademais, a través das investigacións dos espeleólogos e da arqueóloga municipal o número concreto de túneles que presenta.

As principais hipóteses sobre a orixe desta misteriosa galería poderían indicar que se remonta á época romana. Concretamente, atoparíamonos ante un acueduto, usado para transportar auga a diferentes puntos da cidade. Aínda así, o mesmo concelleiro explicou que non hai datos concluíntes de momento sobre a natureza desta gruta.

Ante a falta de conclusións sobre as características e a orixe do achado, os traballos na zona non condicionarán a continuidade das obras en O Pombal, xa que en principio non afectaría o proxecto que se está executando. A arquitecta municipal acudirá ao lugar á semana que vén e os espeleólogos sacarán un informa en 10 días. A partir desas informacións valorarase se se segue co estudo deste posible acueduto romano. Máis información en El Correo Gallego.

Pode que che interese...