fbpx
Castro de Alboldrón / Antonio Presas

A estrada que se fixo a partir da muralla do castro de Alboldrón

Tempo de lectura: < 1 min.

Na actualidade podemos observar como a contrución de parques eólicos dana o patrimonio galego. Nos anos 80, no Concello de Rodeiro, foi a construción dunha estrada o que influíu na súa desfeita patrimonial. Na actualidade o castro de Alboldrón é catalogado, aínda que non especialmente protexido polas autoridades.

A obra do camiño que levaba dende a aldea de Albolfrón ao Alto do Faro comezou e rematou nos anos 80. Para converter esa pista en estrada tivo que ser asfaltada, parte das pedras da muralla superior funcionaron como firme de dita estrada, como describe o divulgador Antonio Presas en Facebook.

“As autoridades municipais tiveron coñecemento do sucedido e algúns concellais ata foron os responables directos do acontecido”, denuncia Presas. Aínda así, cando a administración municipal foi preguntada pola cuestión no pleno, negaron o seu coñecemento e participación nesta perda de patrimonio. A muralla superior do castro de Albolfrón quedou desfeita, e os seus responsables impunes.

Pode que che interese...