As historias das revoltas Irmandiñas volven ter vida no Castelo de Moeche
Entre as comarcas Ferrol e Ortegal atópase un dos castelos con máis protagonismo da historia da Galicia medieval. É o castelo de Moeche, un edificio do século XIV que sufriu algúns dos episodios máis importantes desta época, especialmente relacionados coas revoltas irandiñas. Na actualidade, despois dun breve parón a comezos deste ano, volveu abrir as súas portas este sábado 19 de marzo.
A pausa debeuse a traballos de mantemento, non só no castelo senón tamén no Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas, que tamén permitirá o acceso a visitantes ese mesmo sábado. Durante o ano 2021, o castelo de Moeche contabilizou un total de 5.207 visitantes, un 80% máis que o ano 2020 marcado pola crise da Covid, como indica Galicia Ártabra Digital.
Este histórico edificio enfróntase a multitude de proxectos nos próximos anos. Un deles é a a actualización do seu contido. En concreto, renovaranse os paneis informativos e levarase a cabo algunha nova forma de visualización que permite comprender mellor os acontecementos que se viviron en Moeche. Máis información en Galicia Ártabra Digital.