fbpx
Esta é, supostamente, a única imaxe que existe sobre os feitos do 10 de Marzo. Trátase dunha instantánea tomada dende o barrio de Recimil. Con todo, Rafael Pillado alega que a imaxe 'é do día 9', xa que o percorrido dos obreiros foi o mesmo que na xornada seguinte / Fundación 10 de marzo de CCOO

Así foi a “batalla pola democracia” de 4.000 obreiros de Ferrol

Tempo de lectura: 2 min.

Medio século. Este é o tempo que pasou dende aquel 10 de marzo de 1972 no que os 4.000 obreiros da Bazán se enfrontaron aos grises na procura de mellores condicións laborais.  Como indica Rafael Pillado, un dos proganistas desa folga e o entón líder de CC.OO, “o dez de marzo non foi só unha loita por un convenio colectivo. Era a batalla pola democracia”.

A violencia por parte das autoridades foi incrible. Rafael Pillado viu morrer ao primeiro: “No momento, eu non son consciente de que lle acaban de pegar un tiro. Véxoo caer, dobrado. Intento levantalo e vexo que lle sae un chorro de sangue do centro da fronte. Morreu no acto”.

Nos anos 60, o PCE decidiu entón que era mellor conducir a loita aproveitando as canles do réxime. As nacentes Comisións Obreiras anegaron Bazán, conquistando a hexemonía interna do estaleiro a finais da década grazas as estruturas do Sindicato Vertical.

Entón, Bazán quixo instalar unhas quendas de 12 horas e, co descabezamento previo das Comisións, confiaba que se abrira camiño para a medida. Pero non foi así. “Démoslles un ultimatum: que pagaran por 8 horas o que se estaba a cobrar por 12. Se non o facían, non nos sentariamos a negociar”, comenta Pillado. A consecuencia inmediata foi o despido dos representantes sindicais implicados. Comezan as mobilizacións.

“Eu non vin chegar os grises porque ía na cabeceira, e xa rebasaramos a parte onde eles bateron. Cando vemos que tentan contar a marcha, retrocedemos a toda hostia para poñernos á cabeza, contra eles, pero xa case non nos deu tempo. Había alí un vertedoiro con pedras, e a xente comezou a lanzalas. A policía non era capaz de avanzar, empezou a retroceder, e máis pedras, máis pedras, máis pedras… a policía correndo pola rúa arriba e nós detrás”. Así describe o comezo do 10 de marzo Pillado onde morreron ducias de persoas segundo as cifras oficias, aínda que os protagonistas falan de centos. Máis información no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...