fbpx
Ubicación das mámoas de Sobrado dos Monxes / Xabier Moure

Atopan unha interesante necrópole megalítica oculta entre o toxo

Tempo de lectura: < 1 min.

Cristina Vázquez Neira e Xurxo Broz do Museo da Terra de Melide veñen de comunicar ao Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia do descubrimento de varias mámoas no monte do Sarrapio (Sobrado dos Monxes). Estes foron informados da situación polo divulgador e xornalista Manuel Gago.

Estes grupos de mámoas sitúanse neste monte con máis de 700 metros de altitude e préto do pequeno pobo de Marco de Pías. O primeiro grupo sitúase ao oeste e presenta catro mámos en liña. Aos investigadores chamoulles á atención, segundo informa o historiador Xabier Moure, un amoreamento de terra e pedras echado por un valado de estacase malla metálica. “Non entende o porqué do peche”, comenta. Máis ao leste, o segundo grupo de mámoas atópase máis préto da aldea. Tamén conta con catro mámoas con difícil acceso debido á cantidade de toxo.

Agora, é a quenda do Servizo de Arquoloxía da Xunta de Galicia que será o encargado de catalogar estas pezas arqueolóxicas que se sitúan na liña divisoria entre os concellos de Sobrado, Toques e Friol.

Pode que che interese...