Cando as estrelas guiaban aos navegantes pola fin do mundo
A chegada dos europeos a América deixou a súa pegada na forma de navegación, concretamente nos medios de orientación. O estudo da astronomía e a súa aplicación resolveu moitos dos problemas das embarcacións europeas nas súas travesías cara o “Novo Mundo”.
Nos inicios, como medio de orientación, os navegantes utilizaban como punto de referencia a costa máis próxima, segundo indica a xornalista Patricia Catania nun artigo en ADSLZone. Polo tanto, cando os europeos atracaron por primeira vez en América fíxose necesario realizar viaxes marítimas máis longas, deixando de ser a costa un punto de referencia viable. Como alternativa, os navegantes optaron por adquirir como punto de referencia as constelacións.
Aínda así, xa no mundo máis primitivo as estrelas máis brillantes eran referencia para os viaxeiros. De feito, os seus nomes, na meirande parte dos casos, proceden de mitos. As constelacións foron clave para o movemento dos humanos. Máis información en ADSLZone.