fbpx
Documento de venda datado do ano 1512 / Galiciana vía InfoGalicia

Cando o galego aínda seguía sendo utilizado nas escrituras a pesar da “doma e castración” do Reino

Tempo de lectura: < 1 min.

O poder centralizador de España reprimiu o uso da lingua galega en documentos oficiais e en literatura durante un longo periodo da historia de Galicia. Este documento que aporta InfoGalicia en Facebook amosa como, a pesares de ser unha lingua en vías de desaparición na escrita, aínda se podía observar, quizais polo seu uso oral.

É un “exemplo tardío” de documento escrito en galego. Ten data de 1512, unha época na que se creou a Real Audiencia de Galicia, que colaborou coa centralización española a través do control territorial de Galicia. Trátase dunha escritura de venda de Mayor da Riba e Bernaldo da Riba, “vecinos del couto de Sésamo” a Fernando Montouto, escudeiro, dun terreo, no Corpo Santo, por mil marabedís. O galego predomina, pero non son infrecuentes as palabras e expresións en castelán, como sinala InfoGalicia na súa publicación.

Pode que che interese...