fbpx
Salvemos ROCAS, SOS Ourense nunha protesta para evitar a construción dunha nova estrada no monumento / remitida

Centos de persoas berran “Salvemos Rocas” para evitar unha nova desfeita do patrimonio

Tempo de lectura: 2 min.

Unhas 300 persoas participaron, segundo os organizadores, na manifestación que tivo lugar no mosteiro de San Pedro de Rocas baixo o lema SALVEMOS ROCAS, organizada por SOS Ourense e o ente estatal Fundación Moreiras San Pedro de Rocas.

O acto comezou ás 11:45 h da mañá destacando o valor incalculable do BIC Paisaxe Cultural exoámbito San Pedro de Rocas, coa máxima categoría de protección, a de Paisaxe Cultural.

Os participantes percorreron o coto do mosteiro. A zona afectada polas obras, só poderían ser pavimentadas de novo, sen alterar absolutamente nada do seu trazado tal e como recolle a lei.  As persoas alí presentes leron un manifesto en defensa do conxunto integral do mosteiro, realizaron un percorrido de 900 m ao longo das vías deste e para finalizar, concentráronse na zona afectada, que supón unha 20% da área patrimonial a destruír, onde leron a segunda parte do manifesto e realizaron unha posta en común das actividades futuras.

A camiñada celebrouse de maneira pacífica e custodiada pola Garda Civil, sen impedir que os autobuses que accedían ao recinto puidesen circular sen inconvintes, como o fan a miúdo.

Un BIB único

“A estrada afectada na que se iniciaron os traballos, non se pode concibir como unha estrada ao uso, xa que se trata do único tramo que atravesa o coto do mosteiro en apenas un quilómetro, área que non se debe tocar baixo ningún concepto segundo a leis de Patrimonio autonómica e estatal, velaí as dúas primeiras denegacións da Dirección Xeral de Patrimonio no 2011 e 2018″, indican os organizadores nun comunicado.

É como pretender alterar o trazado dunha vía histórica nun centro histórico, porque é continuidade dunha estrada maior”, engaden. O coto do mosteiro, un dos poucos conservados integramente sen fragmentación na súa extensión (40ha) ata os nosos días, coas súas zonas de cultivo, camiños, muros perimetrais e divisorios, construcións que pertenceron ao mosteiro benedictino, Camiño Real, así como o xa coñecido, é un espazo arqueolóxico e histórico de incalculable valor e para a súa protección creouse fai máis dun ano a Fundación que leva o seu nome para o seu estudo e protección.

Pode que che interese...