fbpx
Petróglifos do Pico en Pontedeume / foto Grupo de Arqueoloxía de Trasancos

Como “cazar” petróglifos en Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

Sempre hai preguntas que resolver e, unha vez resoltas, hai que divulgalas. Por isto, o Parque Arqueóloxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro organiza o vindeiro sábado 2 de abril a II Xornada “Cazadores de Petróglifos”. O obxectivo é divulgar proxectos recentes que teñen como protagonistas aos petróglifos galegos.

Investigadoras, persoal de administracións e representantes de colectivos e asociacións compartirán co público asistente os seus proxectos e traballos recentes ao redor da Arte Rupestre galega. Para os organizadores este é “un día para aprender e reflexionar sobre o panorama galego desde diversos puntos de vistas”.

O evento comezará ás 10:30 coa charla da doutora en Prehistora pola UNED, Begoña González Aguiar, que falará sobre os grabados do suroeste de Lugo. Tras outras seis conferencias, o acto de clausura darase ás 19:45, rematando así a xornada ás oito da tarde. As incripción manteranse abertas ata o día 26 de marzo e poderanse realizar a través da páxina web do parque. Para máis información haberá que contactar a través de email (formacion@paar.es) ou por teléfono (886151195).

Pode que che interese...