fbpx
Mosteiro rupestre de San Pedro de Rocas / foto Jose Luis Cernadas Iglesias CCBy Wikimedia

Esta é a proposta para evitar que San Pedro de Rocas quede cuberta polo asfalto

Tempo de lectura: < 1 min.

Fai máis dun mes que diversas asociacións da contorna do mosteiro de San Pedro de Rocas comezaron a mostrar o seu descontento ante a Deputación de Ourense. O proxecto desta institución de mellora e acondicionamento da estrada OU-0509 provocará “danos irreparables“, segundo denuncia a Fundación Moreiras-San Pedro de Rocas.

A pesar do desacordo, esta asociación comunica que non deniega a obra. Agora ben, si piden que se respecten as proteccións legais de tres BIC e do Patrimonio Mundial Inmateria que se atopa na zona. Asimesmo, a Fundación comenta que se pode realizar unha ampliación do ancho da vía, mais cunha media dun metro lineal a cada lado. Ademais argumentan que a obra non debería priorizar o uso de vehículos xa que ten que haber unha convivencia co peatón.

Por outra banda, propoñen que o pavimento utilazado no tramo que forma parte do Conxunto Monástico sexa un adoquinado en pedra. Así, “poñeríase en valor o lugar usando materiais acordes coa contorna”. Da mesma maneira, argumentan que a inversión sería menor, non superaría á metade da actual.

Pode que che interese...