fbpx
Réplica da Cruz de Afonso III

Este foi o maior roubo que aconteceu na Catedral de Santiago

Tempo de lectura: 2 min.

O 7 de maio de 1906 a Catedral de Santiago de Compostela sufriu o maior roubo da súa historia -xunto co Códice Calixtino-. Esa noite uns ladróns adentráronse no interior do templo e procederon ao furto de varios obxectos, entre eles a cruz de madeira dourada de Afonso III, doada polo mesmo rei no ano 874.

Como comenta neste artigo Faro de Vigo, as autoridades anunciaron unha recompensa de cinco mil pesetas. Aínda así, nunca se atopou ningunha pegada da cruz de Afonso III. Pola súa contra, noutro caso similar da época como a Cruz de los Ángeles da Catedral de Oviedo si que foi atopada e posteriormente restaurada, como comentou na súa terceira conferencia no Ateneo en Santiago o investigador Francisco Prado Vilar.

A UNIÓN ENTRE IGREXA E MONARQUÍA

A cruz de Afonso III era o tesouro máis prezado na Catedral. O vencellamento coa monarquía e o templo galego como catedral real foi fundamental. Esta era a cruz que se bicaba cada Venres Santo, que lideraba as procesións e que chegou a presidir a Igrexa de Afonso III.

A cruz de madeira, recuberta cunha capa de ouro e xemas, estaba inscrita cos nomes do rei e da súa esposa, Jimena. Asimesmo, tiña adosada outra cruz que se coñece como a Cruz de Ordoño II, aínda que realmente é unha cruz do século XI dos talleres otoniano que traballan para Fernando I, segundo o experto Francisco Prado Vilar. O escándalo foi tal que as críticas ao Cabildo de Compostela foron duras, ao que lle obrigou a facer unha reprodución en bronce. No ano 2004 fíxose outra reconstrución.

O FOTÓGRAFO INGLÉS

Por outra banda, o mencionado investigador galego atopou durante cuarentena unha fotografía no arquivo do fotógrafo inglés Thurston Thompson da cruz de Afonso III coa cruz de Ordoñez II insertada nela. A fotografía de finais do século XIX é de tal calidade que se pode observar a exquisita filigrana e as cores que a compoñen.

Pode que che interese...