fbpx
Biblioteca Emilia Pardo Bazán / RAG

O 11.000 volumes da biblioteca de Pardo Bazán xa están protexidos como BIC

Tempo de lectura: < 1 min.

O Diario Oficial de Galicia publicou este mércores o decreto polo que se declara Ben de Interese Cultural (BIC) a Biblioteca de Emilia Pardo Bazán, composta por case 11.000 volumes, dos cales máis de 7.800 están custodiados na sede da Real Academia Galega (RAG) e uns 3.000 no interior de Meirás.

Diso informou a Xunta nun comunicado, no que sinala que, para acreditar este recoñecemento se valorou a súa “singularidade e carácter único”. Ademais destacouse o valor dos volumes con primeiras edicións e algúns manuscritos dedicados polos autores a Pardo Bazán, con literatura do Século de Ouro español, do século XIX e principios do XX, francesa e española e unha boa representación da literatura galega.

Ademais, a Biblioteca de Emilia Pardo Bazán cualifícase como unha “colección esencial” por ser creada pola propia autora e tamén por ser consecuencia das súas relacións cos seus contemporáneos. Na Biblioteca hai volumes de Historia, Filosofía, Socioloxía, guías de viaxes e unha gran representación da prensa da época de Pardo Bazán, na que ela colaboraba.

O PAZO DE MEIRÁS XA CONTA CON TRES BENS DE INTERESE CULTURAL

Con esta declaración, o Pazo de Meirás suma xa tres bens declarados BIC. O primeiro foi en 2008, coa declaración do Pazo coa categoría de sitio histórico, e a segunda en 2019 coas nove estatuas da porta exterior do Pórtico da Gloria, obra do Mestre Mateo, dous das cales se atopan actualmente en Meirás. Cabe lembrar que a declaración como BIC non inflúe na súa titularidade. Máis información en Galicia Condifencial.

Pode que che interese...