O tesouriño de Cova Eirós e a lenda do tesouro das “covas mouras” de Triacastela e Cancelo
A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, avanzou que este ano seguirán as escavacións no municipio. “Volverá haber outra campaña, hai moitas covas, e estamos impacientes por ver o que se atopa durante 2022″, asegura.
Así se expresou despois das últimas escavacións impulsadas pola Xunta, en colaboración coa USC, a Cová Eirós e Cova das Cabras, que permitiron constatar novos períodos de ocupación humana destas cavidades nunca antes rexistradas e localizar 50 moedas romanas na Cova das Cabras, que serven para documentar un nivel de ocupación na segunda metade do século IV despois de Cristo.
Estes achados levan á rexedora a lembrar “a típica lenda, en moitas aldeas galegas entre elas Triacastela e Cancelo, dos tesouros que había nas covas de ‘mouras”. Toda a noticia en Xornal de Lemos.