fbpx
Parque eólico de Monte Perrol, onde se atopa a mámoa co mesmo nome, unha das máis importantes da comarca / Petón do Lobo

O Tribunal Supremo paraliza os parques eólicos de Mondoñedo pola súa afectación ao patrimonio

Tempo de lectura: < 1 min.

O Tribunal Supremo ditou dúas sentenzas que confirman a anulación dos proxectos que serviron de base para a posta en funcionamento dos parques eólicos Sasdónigas fase I e fase II, no concello lucense de Mondoñedo. O alto tribunal rexeitou os argumentos da empresa e considerou que a Xunta debía de ter en conta o contido da ‘Declaración de Impacto Ambiental’.

O Supremo ratifica as sentenzas xa ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que considerara que a división do parque en dúas fases era “artificial”. Ademais, o alto tribunal tamén remarca que a DIA “non valorou de forma correcta elementos de especial protección, tales como o Camiño de Santiago, un xacemento arqueolóxico e dúas lagoas”.

Os demandantes iniciais estiman que “con estas dúas sentenzas o Tribunal Supremo senta xurisprudencia e obriga aos poderes públicos a observar con maior esixencia e pulcritude a xestión da análise de riscos ambientais acumulados que afectan o territorio sobre o que se asintan este tipo de instalacións”. Máis información en Xornal da Mariña.

Pode que che interese...