fbpx
Restos de barcos areeiros / foto Manuel Figueroa Iglesias obaixoullagal

Sabes que a costa galega podería ser un dos grandes cemiterios de barcos do mundo?

Tempo de lectura: < 1 min.

A costa galega tan preciosa, grazas ás súas rías e aos seus cantís, conta cunha das maiores coleccións de barcos afundidos no seu litoral. As causas metereolóxicas e bélicas destacan por riba de calquera outra. Aínda así, os ventos que empurran as embarcación cara o litoral contribúen claramente a este feito.

O litoral galego podería ser clasificado como un gran cemiterio de barcos, pertencentes a todas ás épocas da historia da humanidade. Nos últimos séculos, como recolle National Geographic, contabilízanse máis de 1.600 barcos afundidos en augas galegas, aínda que os especialistas contan que poderían ser 8.000.

Ademais das complicadas condicións climatolóxicas e xeográficas, Galicia sempre foi unha das vías marítimas máis importantes do comercio internacional, especialmente con América. Moitos investigadores están interesados acudiron ás nosas costas para estudar a importancia das augas galegas e das altos números de pecios que se atopan nelas.

Os barcos de motor, menos influídos pola potencia do vento, tamén foron vítimas da configuración do litoral galego. Estes buques precisaban recortar as distancias para aforrar combustible e, achegábanse tanto á costa, que chocaban e afundimento era imposible de parar.

AS GUERRAS MUNDIAIS

As guerras mundiais tamén aportaron o seu grao de area na numerosa cantidade de pecios que se atopan en Galicia. Como recolle National Geographic, “durante a Segunda Guerra Mundial, alemáns e británicos loitaron encarnizadamente en augas galegas, por onde pasaba a principal vía a América”. Polo momento, descubríronse 25 submarinos, sobre todo alemáns, e 50 cazabombarderos británicos. Máis información en National Geographic.

Pode que che interese...